Thursday 02 de May de 2024

Alternativa pide datas para todas as obras previstas no municipio


Son moitas as actuacións pendentes de realizar polo goberno municipal, algunhas do POS+ do pasado ano. Pero aínda así fan moita publicidade das mesmas sen dar datas concretas.

As melloras das paradas de autobús, os parques e prazas do Temple, as melloras enerxéticas dos Colexios, melloras de estradas municipais e un longo etcétera de obras moi necesarias. O factor común das mesmas e que non se establecen prazos, nin sequera se estiman.

“Parece unha bomba de fume, queremos a realización das obras, pero os veciños queren algo máis que promesas, queren saber cando van a ser realizadas”, afirma Raúl Varela, voceiro do grupo en Cambre.